Hablar gallego

Cajón desastre para temas sin patria

Moderador: Dragones crómaticos

Avatar de Usuario
Gavroche
Pirata
Ami de l ABC
Mensajes: 55
Registrado: 31 Ago 2017, 10:02
Género: Cactus
Edad: 19

Re: Hablar gallego

#11

Mensaje por Gavroche » 12 Sep 2017, 20:42

Eu veño a apoiar iso de queimar a RAG. A normativa ás veces afoga o vocabulario, as estruturas e maneiras de falar tradicionais ?? E non falo dos castelanismos. É dende logo imposible establecer unha serie de normas estándar que teñan que seguir todos os puntos de Galiza onde de pronuncian as cousas de maneira distinta. Ademáis de que a normativa determina un galego xa castelanizado, pero aí entrariamos no debate do reintregacionismo, o cal non sei se será boa idea levalo a cabo. Sería interesante ó menos.
Recuento de palabras: 90
let the stormy clouds chase

Avatar de Usuario
Appa
Lobo Feroz
Mestra do Ar
Mensajes: 129
Registrado: 31 Ago 2017, 09:20
Edad: 28

Re: Hablar gallego

#12

Mensaje por Appa » 12 Sep 2017, 22:16

Chess escribió:
12 Sep 2017, 14:49
Non, no está aceptado. Podes contraer con títulos e con nomes de cidades. Por exemplo sería correcto dicir "é d'Ourense" ou "como acontece n'O mío Cid" mais non o que eu puxen. Pero vaia, que o de ter que escribir pero aínda, porque o dicimos enteiro moitas vezes. O de termos que escribir para cando de feito se pronuncía pra ou pa (e esa é a pronunciación correcta, óllo) xa é o colmo.
Non coñecía eu esa cuestión. É dicir, eu á hora de pronunciar, sí que fago esas contracións como "d'Ourense", pero pensaba que tiñamos que escribir "de Ourense". E co do pra, non sabía que era a pronunciación correcta XD pero non me sae outra.
Gavroche escribió:
12 Sep 2017, 20:42
Eu veño a apoiar iso de queimar a RAG. A normativa ás veces afoga o vocabulario, as estruturas e maneiras de falar tradicionais ?? E non falo dos castelanismos. É dende logo imposible establecer unha serie de normas estándar que teñan que seguir todos os puntos de Galiza onde de pronuncian as cousas de maneira distinta. Ademáis de que a normativa determina un galego xa castelanizado, pero aí entrariamos no debate do reintregacionismo, o cal non sei se será boa idea levalo a cabo. Sería interesante ó menos.
Totalmente de acordo contigo e con Chess. Ademais, entrando niso habería que criticar que a RAE censure os "lusismos" que, históricamente, son fala tradicional. Conste que o traballo da RAG é moi difícil e que, intentar condensar o galego, que cada quen o fala á súa forma, é moi difícil. Entendo a importancia da institución e todo iso, non vos vou mentir. Para min, a norma é importante, pero non vexo que a actual sexa moi acorde coa realidade galega.
Respecto ao debate, sempre é interesante, ainda que non teño moitas táboas para participar XD Son reintegracionista de corazón ^^"
Unha cousa fermosa do galego é ver como se fala en diferentes lugares. O meu mozo é coruño coruñés e, en apenas 300 km que separan as nosas orixes, atopamos moitas palabras que o outro descoñece. Podemos falar da leira (ainda que creo que iso era cousa del XD), da veiga (que non podo pronunciar xamais sen gheada) e do rapante, por poñerlle un exemplo. E mesmo el ten outras verbas que, de non ser porque teño unha amiga tamén do norte que fala igual e é filóloga, pensaría que están mal XD

Indo un pouco aos castelanismo, recoméndovos una sección do periódico Sermos Galiza, que se chama "como dicilo?" e esta na sección de lingua. Descubrina no twitter e pareceume realmente interesante. Son, principalmente, expresións que galeguizamos sen reparar no seu equivalente. Sería simpático comentalas de cando en vez, se vos interesa ^^


E, como engádega,
da veiga (que non podo pronunciar xamais sen gheada)
Autocítome, ainda que poida quedar un tanto narcisista XD Eu son neofalante e non adoito falar con gheada, pégaseme con certa xente XD pero non me sae soa. Sen embargo, ocórreme que en certas palabras que, desde sempre escoitei coa gheada (unha gheada brusca e medio castelanizada que hai na miña zoa, non a fermosísima gheada que é representativa do galego, pero bueno xD), e non podo pronunciar doutra maneira, e antes me parece que veiga se escribe con j que con g XD. Dicídeme que non son a única, por favor XD
Recuento de palabras: 602

Avatar de Usuario
Chess
Dragona de cobre
Kraken
Mensajes: 5943
Registrado: 22 Ago 2017, 20:57
Género: Cactus
Ubicación: ☄️
Edad: 26

Re: Hablar gallego

#13

Mensaje por Chess » 13 Sep 2017, 05:53

@Appa Oh! Oh! Eu falo con gheada e seseo coma boa morracense! Por dúas razóns, unha é que é natural para mín. E outra que vivo en guerra dende fai anos co elitismo que hai as vezes dentro do galego. Ai é que os de pobo estes paletos... que lles fodan. Ademáis na fala son correctas así que... Pero eu uso sempre a grafía gh, non asocio a j á gheada jaja.

@Gavroche ISO. É que non podes coller e dicir que palabras con centos de ano de uso e tradición están mal. Dacordo, aceptamos unha coma estandar porque poder formalizar e normaliza-la lingua é moi moi útil cunha tan vapuleada coma a nosa. Pero eso non é o mesmo que botar ó lixo todas as outras meus reis!! Santo ceo eu tiven que ver A Esmorga normalizada. A Esmorga!!! De feito cando a limos para clase fai anos xa non sei como acertei e pillei unha edición anterior a ese desastre. E logo tiven unha discusión bastante forte sobre o tema.
Recuento de palabras: 174
hImagen

for many a century now untold,
there laid the briar on forest old.
no one else could seize the throne;
yet of return they heard news none.
relentless on foreign soil she fought,
but their exiled queen returned not.

Avatar de Usuario
Appa
Lobo Feroz
Mestra do Ar
Mensajes: 129
Registrado: 31 Ago 2017, 09:20
Edad: 28

Re: Hablar gallego

#14

Mensaje por Appa » 15 Sep 2017, 12:00

@Chess: non esperaba menos dunha boa moza do Morrazo XD Co de correspondelo coa j é porque na miña aldea se pronuncia case igual, resúltame odioso XD Non lles vou dicir como falar, pero ás veces teño ganas. Cando empecei a falar galego todos se burlaban de min dicíndome: "ay, ahora hablas jallejo" pero tal cual :roll: En fin...
E ese elitismo anti gheada e seseo me parece tan ridículo... A min resúltame fermosísimo cómo lle queda á xente. Lembro que en primeiro de carreira había un rapaz que falaba cun seseo super pronunciado e tíñame totalmente namorada.

Máis ou menos isto:
Imagen
Recuento de palabras: 110

Avatar de Usuario
Gavroche
Pirata
Ami de l ABC
Mensajes: 55
Registrado: 31 Ago 2017, 10:02
Género: Cactus
Edad: 19

Re: Hablar gallego

#15

Mensaje por Gavroche » 15 Sep 2017, 14:59

Persoalmente, sempre falei galego, polo menos na casa, pero ao ser a miña familia por parte materna madrileña, pois a gheada e o seseo da miña zona non se me transmitiu XD pero o certo é que admiro moito a miña nai que vindo de fóra, unha vez establecida en Galiza comezou a falar galego e a defendelo con forza.

Aínda así, os anos que pasei nunha aldea perdida no medio do monte na provincia da Coruña aportáronme unha gheada que aínda pervive nalgunhas verbas miñas. Intento usalo máis e que se me faga máis natural, porque ademáis de vivir nunha zona onde teóricamente se usa, tamén me resulta moi moi bonito. Pero si, ese elitismo do que falades ás veces me afecta no canto ao temor ao que dirán e esas cousiñas que nos pasa á xente que decide falar galego no ámbito público (e tamén privado en ocasións). E bueno, eu tamén o asocio co gh, de certo que pronuncio como unha j tenue... Vamos, gh.
Appa escribió:
15 Sep 2017, 12:00
Cando empecei a falar galego todos se burlaban de min dicíndome: "ay, ahora hablas jallejo" pero tal cual :roll: En fin...
Tan certo...! Poderíanse escribir libros e libros coas cousas que nos pasan aos galegofalantes por selo. Cando preguntan que porqué o falas, cáeseme o mundo enriba... Chegamos a un punto no que tes que xustificar o falar na túa propia lingua, o feito de selo non é suficiente. E o pior é que é máis ou menos certo. Se es de cidade grande, sempre viviches alí ou ves de fóra, tes que ter conciencia pra facelo, porque só non che vai saír, ao menos dependendo do ámbito no que te movas, pero polo xeral... Non é algo arbitrario, aínda menos se es xente nova que coñece un mundo máis globalizado. Logo está a xente que di "el gallego es muy bonito", pero nin se lles ocorrería falalo. Delegan en ti, como persoa que o fala, a loita, a preservación da lingua.

En fin, tampouco quero escribir a Biblia, pero como dixen, isto da para varios libros...
Recuento de palabras: 378
let the stormy clouds chase

Avatar de Usuario
Appa
Lobo Feroz
Mestra do Ar
Mensajes: 129
Registrado: 31 Ago 2017, 09:20
Edad: 28

Re: Hablar gallego

#16

Mensaje por Appa » 15 Sep 2017, 16:13

Tan certo...! Poderíanse escribir libros e libros coas cousas que nos pasan aos galegofalantes por selo. Cando preguntan que porqué o falas, cáeseme o mundo enriba... Chegamos a un punto no que tes que xustificar o falar na túa propia lingua, o feito de selo non é suficiente. E o pior é que é máis ou menos certo. Se es de cidade grande, sempre viviches alí ou ves de fóra, tes que ter conciencia pra facelo, porque só non che vai saír, ao menos dependendo do ámbito no que te movas, pero polo xeral... Non é algo arbitrario, aínda menos se es xente nova que coñece un mundo máis globalizado. Logo está a xente que di "el gallego es muy bonito", pero nin se lles ocorrería falalo. Delegan en ti, como persoa que o fala, a loita, a preservación da lingua.
*Rodilla en terra, Appa saca un donete e llo ofrece a Gavroche* Casa comigo, fareiche feliz *_*

En fin XD deixando os soños a un lado, tes moitísima razón. Cando alguén me pregunta por que falo galego, normalmente lle digo que é porque me gusta o lle pregunto por que fala castelán, pero mil veces. Eu sempre vivín en Vigo, pero teño ligazón emocional coa vila da miña familia, e é o que me permitíu aprender a valorar a lingua e, co tempo, darme de conta de que era o que quería falar. Sen embargo, todas as miñas amigas de Vigo falan castelán e nin se lles ocorre o contrario, máis ben, míranme coma se fora eu unha excéntrica. Hai un problema moi grande coa mocidade nese sentido, no aprecian nada a súa lingua, solo lles interesan os idiomas de fora: o inglés, o alemán... E dinche que non lles gusta o galego porque é coma un símbolo do rural, que lles parece algo indesexable. De todos os que tiven, so un intentaba contestarme en galego (facíao fatal, meu pobre XD non é que eu o fale perfecto, pero deume a tenruriña), o resto nada.
A min me preocupa a globalización polo efecto que ten nestas culturas tan pequenas (pero tan profundas e fermosas), porque poden acabar con elas en calquera intre. Quen ven á Galiza é polas praias (e pola comida), en moitos casos, non lles interesa nada a tradición mariñeira, a tradición castrense, a paisaxe sen igual... E non vou mencionar o idioma, porque queren que lles fales como che entendan, que sexan os visitantes non ten maior relevancia. Non vou mencionar a música popular, que se despreza moitísimo. E tantas outras cousas.
Pero si, ese elitismo do que falades ás veces me afecta no canto ao temor ao que dirán e esas cousiñas que nos pasa á xente que decide falar galego no ámbito público (e tamén privado en ocasións)
Eu confeso que iso me ten pasado co galego, xa non coa gheada nin o seseo, senón co atoparme a un compañeiro do instituto, cando aínda falaba castelán. Síntome moi incómoda porque é coma un cambio pouco común, sínteste exposta en certo grao. Tes o temos a que che veñan coa teima de por que falas galego e pfff...

Sinto o tocho, pero é que me encendo con estas cousas XD
Recuento de palabras: 574

Príncipe
Soldadito de plomo
Cylon
Mensajes: 1
Registrado: 31 Ago 2017, 10:43
Género: Hombre

Re: Hablar gallego

#17

Mensaje por Príncipe » 14 Oct 2017, 23:46

E cadê os lusófonos? :(
Recuento de palabras: 5

Avatar de Usuario
Sindy B
Sombrerero Loco
Mensajes: 92
Registrado: 05 Sep 2017, 20:14
Género: Mujer
Edad: 20
Contactar:

Re: Hablar gallego

#18

Mensaje por Sindy B » 06 Ago 2019, 13:21

¡Bos días!
Acabo de descubrir que este fío existe e teño a necesidade de deixar a miña pegada nel ^^
Appa escribió:
10 Sep 2017, 17:59
PD: creo que en galego dise "as persoaxes", non "os personaxes", pero non estou moi segura!! se algún me ve algunha falla a mín que mo diga porfa!
Correcto. Persoaxe é feminino.
Xa que mencionastes esto, a palabra "personaxe" en galego pode usarse tanto en feminino como en masculino (e si, é persoNaxe, aínda que se dicides "persoaxe" estaredes aplicando unha tendencia evolutiva do idioma galego -a perda do n intervocálico-, como curiosidade <3).

Como persoa que fala, le e escribe (literatura) en galego, ademais de que estou estudando filoloxía galega, creo que teño bastante coñecemento sobre o galego normativo e o galego en xeral, así que se tedes algunha dúbida tédesme aquí para o que necesitedes!!

*Aproveito para indicar que: estou usando o galego normativo (sobre todo para non poñer castelanismos) pero mantendo o meu galego dialectal (de aí que escriba "eso" e non "iso"). E sobre o galego, podedes falalo como desexedes, eu falo galego popular (uso moitos castelanismos, digo "necesidá" e non "necesidade"...), outra cousa é que para escribir me guste depurar a miña fala e achegarme á norma. A lingua normativa aínda ten que evolucionar, só ten unhas cantas décadas! A norma española por exemplo naceu xa hai uns séculos, de aí que coa galega aínda non nos sintamos de todo identificados, ten que sufrir cambios e necesita tempo para asentarse ::D (eu tampouco amo a norma tal e como está, pero agora entendo que é necesaria e que o mellor que podemos facer polo galego é insistir en que se revise a normativa pero non botarlle pedras enriba, senón intentar comprendela para que evolucione).

Ler tampouco leo tanto en galego e afortunadamente é unha tendencia que estou cambiando, pero o feito de que non lea moito en galego é porque non hai tantos libros que me interesen. Por exemplo, eu adoro a literatura xuvenil fantástica e ata hai poucos anos non empecei a ver libros deste estilo en galego (que tampouco é que haxa tantos... creo que están contados... por eso algún día escribirei e publicarei en galegos eses libros dos que non puiden desfrutar cando era pequena! que bonito é soñar).
Podo recomendarvos a Ledicia Costas, dela lin A balada dos unicornios, unha novela de aire xuvenil e Steampunk que me encantou pola súa estética e por ser un tipo de libro que nunca antes vira en galego. Infamia, xa penso que dunha temática dirixida máis ben aos adultos, tenme moi boa pinta e teño lido moi boas críticas. Tamén vos podo recomendar A lúa da colleita, de Anxos Sumai. É un libro bastante raro, ese raro que fai que os libros sexan únicos.

Ultimamente non estou escribindo nada (nin en galego nin en ningún outro idioma), pero en canto me poña penso retomar esta novela (o que algún día será unha novela XD) que estou compartindo por Wattpad. Podédesvos crer que é o único intento de novela en galego que hai por Wattpad? Polo menos hai persoas que comparten poesía en galego ou algúns relatos, pero chamoume a atención non atopar máis narración longa. Se atopades dicídeme que sería unha gran alegría para min ^^. (Creo que "gran" ante unha palabra que empeza por vogal debe poñerse como "grande" = "grande alegría", pero como eu non falo así e non estou escribindo algo formal pois dáme un pouco igual. Coméntoo como coñecemento xeral do galego normativo porque me sinto útil facéndoo <3).

Biquiños e un saúdo!!
Recuento de palabras: 639
Es más fácil juntar las piezas de un puzzle
que juntar las piezas de mi vida


"Desapareceremos con el viento"

Avatar de Usuario
Chess
Dragona de cobre
Kraken
Mensajes: 5943
Registrado: 22 Ago 2017, 20:57
Género: Cactus
Ubicación: ☄️
Edad: 26

Re: Hablar gallego

#19

Mensaje por Chess » 08 Jun 2020, 18:32

Copiado y archivado algoquenuncaponganadie
Recuento de palabras: 4
hImagen

for many a century now untold,
there laid the briar on forest old.
no one else could seize the throne;
yet of return they heard news none.
relentless on foreign soil she fought,
but their exiled queen returned not.

Avatar de Usuario
Lhuan
Soldadito de plomo
Mensajes: 13
Registrado: 30 Jul 2019, 10:09
Ubicación: Vientoligero

Re: Hablar gallego

#20

Mensaje por Lhuan » 16 Jul 2020, 23:25

Boas e meigas noites~

Hai moito tempo que non escribo nesta lingua querida por mín, e a verdade é que nunca din rematado a súa aprendizaxe. De tódolos xeitos, xa que este fío existe que menos que deixar unha pequena contribuzón. Eu non atreveríame a dicir que algunha vez teña falado outra cousa que castrapo, pero en ocasións coma esta fago o que podo ^^U

Hai moito tempo que tampouco fáloo en voz alta; ás veces inténtoo cos meus primos, pero falan castelán aínda entre eles... E os meus amigos galegos de agora son aínda máis castelanofalantes, así é que séntese raro. Non é cousa doada [?] Deste xeito que ás poucas veces que fágoo por escrito tento de non saír moito do que creo que é a norma (a da RAG XD), ou daquilo que sinta que coñezo máis (por telo escoitado aos meus primos / amigos).
Non sendo falante nativo non síntome con licenza de falar o que me chiste; aínda que si teño algunha impresión de cousas que sóanme mellor ca outras, as miñas referencias son vellas, difusas e claramente insuficentes (capitán obvio ó ataque XD). Un amigo coruño díxome unha vez que parecíalle que usaba bastantes lusismos, e se unímoso ó meu castrapo natural e quizás ata a un chisco de bable que pasaba por alí [?] non quero imaxinar a que podo estar a enlear, así que desde xa pídovos perdón por tódalas trapalladas que poida ter feito :oops:
Sindy B escribió:algún día escribirei e publicarei en galegos eses libros dos que non puiden desfrutar cando era pequena! que bonito é soñar
Como xa dixo Sindy B, eu tamén boto en falta (dise así?) máis literatura fantástica en galego, e teño un libro xustamente de Ledicia Costas ("Escarlatina, a cociñeira defunta") a medio ler. Así que espero que ese soño se faga realidade * * *

PD: Denantes pensaba que isto estaría máis morto, seica é posíbel que estivese equivocado (ainda que por agora, deixareino aquí). Se alguén chega a ler isto, escoitades música en galego? Vos gusta?
Recuento de palabras: 377

Responder